lunes, 7 de diciembre de 2009

SOMOS ARTÍSTAS

Aqui podedes ver o ben que nos quedaron os nosos cadros abstratos que fixemos esta primera semana de Decembro, porque somos uns grandes artístas e gústanos moito traballar para facer algo tan bonito:



E tamén lles puxemos uns títulos moi orixinais como por exemplo: "can morto", "caretas", "vaca payasa", "cadrados", etc.

FELICIDADES ALBA !!!

O venres 13 de novembro, antes da "Peonada" celebramos o cumpreanos da máis pequena de todos nós, e é que Alba cumpriu xa os 3 aniños.


Aquí a tedes sinalándolle a mestra Ana cal era a tarta de tres velas onde poñer o seu nome:

Viñeron o seu pai e a súa nai para traerlle a tarta rosa e con gominolas que Alba queria e miorade o contenta que estaba:
A tarta era de fresa, nata e bizcocho, e era moi moi bonita, daba pena comela:


Despois Alba soprou a vela, aínda que lle costou un pouco e tivo que soprar varias vevces e ben forte:

E despois comimos todos un anaco de tarta con gominolas, mmmm...:








Ademáis do seu pai e a súa nai, Alba tamén invitou o cumpleanos a súa irmán pequena Laura, aínda quu votou case todo o tempo durmidiña:

NOEMÍ XA TEN 5 ANOS !!!

FELICIDADES NOEMÍ !!!

Estamos moi contentos porque Noemí estivo de cumpreanos e xuntámonos todos para celebralo.

Veu a súa tía, a mamá de Matéo, que a quere moito:

Mirade que bonita era a tarta que trouxo para compartir con todos, daba pena comela, pero esas gominolas berraban por nós:






Pero antes... Noemí soprou rápidamente a vela e pediu o seu desexo:

E despois zampamos a tarta, que estaba tan rica que case a comemos enteira, non quedou case nadiña. Que larpeiros que somos:












E Noemí tamén invitou ó seu primo Eloy para que tomase un anaco de tarta, e parece que lle gustou porque mirade que contento aparece xunto a súa prima Noemí e o seu irmán Mateo:

DÍA DO PEÓN!!!

O pasado venres 13 de novembro o noso colexio estivo festa celebrando "O día do peón".

Todos nos víramos algún día un peón diante, pero non sabíamos que se lle chamaba dese xeito, ou tamén peonza, buxaina ou trompo. As mestras tamén nos falaron das súas partes:




(escanear ficha peonza)


Para decorar o "Taboleiro da Lingua" cada un de nos pintamos e recortamos unha gran peonza:



Tamén fixemos uns peóns peóns con plastilina e decorámolos con purpurina e lana e quedaron así de bonitas:



(facer foto as buxainas de platilina)



Ese día despois do recreo, reunímonos con todos os rapaces e rapazas do colexio para bailar os peóns que trouxemos das nosas casas, os cales tamén pintamos con acuarela e rotulador.










Intentamos bailar os peóns, aínda que algúns con máis sorte cá outros:


lunes, 30 de noviembre de 2009

FELIZ CUMPREANOS ROI !!!

Hoxe estivemos de festa porque... foi o cumpleanos de Roi !!!


Roi cumpriu xa os catro anos e concidou á súa clase os compañeiros/as da clase de María.

Veu a súa mamá Inés para traerlle a tarta que era de chocolate, nata e bizcocho e tiña unha pinta... mírade a cara que puxo Roi cando a viu, mmmmm......... :

A súa nai tamén trouxo gominolas para repartirnos a cada un de nos no plato. Roi axudou a repartir os garfos e as servilletas, e despois pusémonos todos a comer:












E mentres comíamos puxéronnos unha peli de "La casa de Michey Mousse" que trouxo a súa nai:




A FESTA DO MAGOSTO!!!

Que ricas estaban esas castañas que comemos o pasado venres 6 de novembro no noso colexio, e é que ese díca celebrouse a festa do MAGOSTO.


Pola mañá decoramos un pouco o colexio e fixemos os zonchos coas castañas cocidas que trouxemos da casa:





E así se guapos e guapas quedamos, miradenos:

E pola tarde xogamos a un montón de xogos divertidísimos: baile con noces, tiro a castaña, carreira de sacos e roubarlle o rabo ó raposo:

























E o final comemos as castañas que nos asou o noso querido conxerse David:














Adeus!

QUE MEDO!!!

Ó
O pasado venres día 30 de Outubro, os espíritos e trasnos do Samaín apoderáronse do noso colexio, e asustaron aos nosos nenos/as de Educación Infantil.Ao longo de toda a semana estivemos facendo fichas divertidísimas de cabazas, meigas, bruxos, etc. e tamén adornos para a clase e o colexio:












Tamén trouxemos as nosa cabaciñas adornadas na casa para colocalas por todo o colexio, ademáis de ensaiar o baile do "Señor moustro" do grupo "Regaliz" para actuar no gran festival do Samaín.



Xa pola tarde acudimos ao colexio disfrazados para a ocasión, e había bruxas, vampiros, morcegos, demos, zombies, esquelestes ...:





























E así de guapos fixemos o noso baile no Festival, que entre risas e choros así quedou:



(Pedir a Susi vídeo)



Despois vimos as actuacións dos demais compañeiros portándonos moi ven e procurando tar calados, (ou sería do medo???):










E para rematar xogamos no pavillón a un maléficos xogos que tiñannos preparados, mirade:











Pero de non ser polo medo que pasamos, trouleamos e divertímosnos moito e xa non nos da tanto temor iso dos sustos, as pantasmas e demais...


Ata o vindeiro ano moustruitos!!!