O venres 13 de novembro, antes da "Peonada" celebramos o cumpreanos da máis pequena de todos nós, e é que Alba cumpriu xa os 3 aniños.
Aquí a tedes sinalándolle a mestra Ana cal era a tarta de tres velas onde poñer o seu nome:
Viñeron o seu pai e a súa nai para traerlle a tarta rosa e con gominolas que Alba queria e miorade o contenta que estaba:A tarta era de fresa, nata e bizcocho, e era moi moi bonita, daba pena comela:
Despois Alba soprou a vela, aínda que lle costou un pouco e tivo que soprar varias vevces e ben forte:
E despois comimos todos un anaco de tarta con gominolas, mmmm...:
Ademáis do seu pai e a súa nai, Alba tamén invitou o cumpleanos a súa irmán pequena Laura, aínda quu votou case todo o tempo durmidiña:

No hay comentarios:
Publicar un comentario