FELICIDADES NOEMÍ !!!
Estamos moi contentos porque Noemí estivo de cumpreanos e xuntámonos todos para celebralo.
Veu a súa tía, a mamá de Matéo, que a quere moito:
Mirade que bonita era a tarta que trouxo para compartir con todos, daba pena comela, pero esas gominolas berraban por nós:
Pero antes... Noemí soprou rápidamente a vela e pediu o seu desexo:
E despois zampamos a tarta, que estaba tan rica que case a comemos enteira, non quedou case nadiña. Que larpeiros que somos:
E Noemí tamén invitou ó seu primo Eloy para que tomase un anaco de tarta, e parece que lle gustou porque mirade que contento aparece xunto a súa prima Noemí e o seu irmán Mateo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario