

O pasado venres día 30 de Outubro, os espíritos e trasnos do Samaín apoderáronse do noso colexio, e asustaron aos nosos nenos/as de Educación Infantil.
Ao longo de toda a semana estivemos facendo fichas divertidísimas de cabazas, meigas, bruxos, etc. e tamén adornos para a clase e o colexio:



Tamén trouxemos as nosa cabaciñas adornadas na casa para colocalas por todo o colexio, ademáis de ensaiar o baile do "Señor moustro" do grupo "Regaliz" para actuar no gran festival do Samaín.
Xa pola tarde acudimos ao colexio disfrazados para a ocasión, e había bruxas, vampiros, morcegos, demos, zombies, esquelestes ...:






E así de guapos fixemos o noso baile no Festival, que entre risas e choros así quedou:
(Pedir a Susi vídeo)
Despois vimos as actuacións dos demais compañeiros portándonos moi ven e procurando tar calados, (ou sería do medo???):
No hay comentarios:
Publicar un comentario