domingo, 28 de febrero de 2010

HAI QUE PENA ...

ENTERRO DA SARDIÑA

Despois de tanto troulear cos disfraces e de tantas risas, festas, enchentas de cocido, filloas e larpeiradas... Isto remata, e hai que enterrar o espírito do Entroido.


E por iso nós os nenos/as de Educ. Infantil fixemos esta sardiña para facerlle un enterro con todos os compañeiros e compañeiras do colexio de Sofán.


Mirade que chula nos quedou:

Ademáis ese día todos viñemos de luto ó colexio de tanta pena que temos porque remate o entroido, e por iso choramos:Ai,ai,ai......


E despois do recreo xuntámonos cos demáis compañeiros do colexio para facerlle o enterro a sardiña e queimala.

Baixamos moi apenados cos nos panos blancos polas escoleiras, dicíndolle adeus ó Entroido:

Despois fomos entrocesión moi triste e chorando, aínda que tamén entre moitas bromas e risitas, jijiji...

Canto chorabamos durante o enterro cando lle cantaban e lle tocaban música a nosa sardiña mentres ardía:


Adeus Entroido, adeus...
Deica o ano que ben!





No hay comentarios:

Publicar un comentario