lunes, 7 de diciembre de 2009

SOMOS ARTÍSTAS

Aqui podedes ver o ben que nos quedaron os nosos cadros abstratos que fixemos esta primera semana de Decembro, porque somos uns grandes artístas e gústanos moito traballar para facer algo tan bonito:



E tamén lles puxemos uns títulos moi orixinais como por exemplo: "can morto", "caretas", "vaca payasa", "cadrados", etc.

FELICIDADES ALBA !!!

O venres 13 de novembro, antes da "Peonada" celebramos o cumpreanos da máis pequena de todos nós, e é que Alba cumpriu xa os 3 aniños.


Aquí a tedes sinalándolle a mestra Ana cal era a tarta de tres velas onde poñer o seu nome:

Viñeron o seu pai e a súa nai para traerlle a tarta rosa e con gominolas que Alba queria e miorade o contenta que estaba:
A tarta era de fresa, nata e bizcocho, e era moi moi bonita, daba pena comela:


Despois Alba soprou a vela, aínda que lle costou un pouco e tivo que soprar varias vevces e ben forte:

E despois comimos todos un anaco de tarta con gominolas, mmmm...:








Ademáis do seu pai e a súa nai, Alba tamén invitou o cumpleanos a súa irmán pequena Laura, aínda quu votou case todo o tempo durmidiña:

NOEMÍ XA TEN 5 ANOS !!!

FELICIDADES NOEMÍ !!!

Estamos moi contentos porque Noemí estivo de cumpreanos e xuntámonos todos para celebralo.

Veu a súa tía, a mamá de Matéo, que a quere moito:

Mirade que bonita era a tarta que trouxo para compartir con todos, daba pena comela, pero esas gominolas berraban por nós:






Pero antes... Noemí soprou rápidamente a vela e pediu o seu desexo:

E despois zampamos a tarta, que estaba tan rica que case a comemos enteira, non quedou case nadiña. Que larpeiros que somos:












E Noemí tamén invitou ó seu primo Eloy para que tomase un anaco de tarta, e parece que lle gustou porque mirade que contento aparece xunto a súa prima Noemí e o seu irmán Mateo:

DÍA DO PEÓN!!!

O pasado venres 13 de novembro o noso colexio estivo festa celebrando "O día do peón".

Todos nos víramos algún día un peón diante, pero non sabíamos que se lle chamaba dese xeito, ou tamén peonza, buxaina ou trompo. As mestras tamén nos falaron das súas partes:




(escanear ficha peonza)


Para decorar o "Taboleiro da Lingua" cada un de nos pintamos e recortamos unha gran peonza:



Tamén fixemos uns peóns peóns con plastilina e decorámolos con purpurina e lana e quedaron así de bonitas:



(facer foto as buxainas de platilina)



Ese día despois do recreo, reunímonos con todos os rapaces e rapazas do colexio para bailar os peóns que trouxemos das nosas casas, os cales tamén pintamos con acuarela e rotulador.










Intentamos bailar os peóns, aínda que algúns con máis sorte cá outros: