O mércores 19 de maio fomos de excursión a Santiado de Compostela, a facer o noso peculiar paseo para o Ano Santo "Xacobeo 2010":

Alí vimos e fixemos un lote de cousas.
Primeiro fomos o Pobo do Museo Galego acompañados dos rapaces e rapazas de 1º de Educ.Primaria da clase de Begoña, onde vimos aparellos antigos e nos ensinaron bailes e cantigas:


E como os máis pequenos de 3 anos non podían entrar foron dar un paseo polas rúas de Santiago ata a Catedral:

Polo camiño había cunchas doradas que nos dicían por onde ir, e música:


E unha chica moi amable dunha tenda agasallounos con un globo co al xogamos esperando polos demais:




E despois fomos a Galica Dixital, onde fixemos todas estas cousas chulísimas:







Xa era hora de xantar e fomos comer o que nos votaron na mochila a un bonito e soleado parque a comer a sombra dos árbores, e logo xogamos un chico.
E xa pola tarde, para rematar fomos a visitar a cooperativa "Ericamel" que se adica aos productos de mel e leite, onde vimos todo o seu proceso de elaboración e nos convidaron a merendar e nos deron un agasallo:


Que divertida e interesante foi a saída, pero a verdade e que viñamos super cansos e algúns, para non perder a costume, quedaron durminos no autobús á volta. :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario