martes, 23 de marzo de 2010

VISITAMOS A CORUÑA

O mércores 10 de marzo fomos de excursión a A Coruña.
Fomos no autobús ben sentadiños, e sabíades qué... a conductora é a nai de Tania:

A primeira parada foi no "Domus" ou "Casa do home", e alí baixamos e fomos nunha fila ben ordeada:

Ao chegar a Domus os maiores de 5 anos foron aver unha peli en 3D sobre dinasaurios que daba algo de medo; e os de 3 e 4 anos fomos aprender que o corazón é mais ou menos do tamaño da nosa man e onde o temois. E tamén que ten 4 habitacións, 4 portas e dous corredores. Vímolo nunha maqueta e cun corazón de porco que nos ensinou esa chica da foto que se chama Sandra. E puidémolo tocar, aaarrrgggggggggg...

E despois fomos ver unha chea de cousas interesantes acompañados de Ana e Mariano: o home máis grande da historia; espellos que nos facían altos, baixos, gordos e fracos; sentimos as patexadas dun bebé qe aínda restaba na barriga da súa mamá; practicamos co sentido so tacto, gusto e olfato; medímosnos e pesámosnos; medimos a velocidade do noso tiro co balón de fútbol;


























































E despois xuntámonos cos de 5 anos xunto oa cadro da "Mona Lisa" (Gioconda) para marchar no autobús cara o seguinte destino:


O autobús deixounnos no "Parque de Santa Margarida" onde comemos o que levábamos nas mochilas, e onde logo xogamos un anaco no parque:














E de sequigo fomos a "Casa das Ciencias" onde tamén o pasamos moi ben coas cousas que alí había:poliños nacendo dos ovos; bolas xeocéntricas que daban voltas sen parar; un escaner de temperatura; peixes; unha exposición chulísima sobre a evolución das especies adicada a Darwin; etc.














































E logo xogamos un pouco o aire libre xunto a unha réplicas da tortuga das Galápagos estudadas por Darwin:














E sacamos unha bonita foto:

E fomos para o autobús para voltar a Sofán ben cansadiños, algún ata quedou durmido,jeje


Pasamolo en grande!!! e xa queremos repetir...

No hay comentarios:

Publicar un comentario