O martes 2o de abril fomos de excursión a "O Ventoso" un centro ecuestre que está na Laracha; sí alí onde moitos de nós imos á piscina como ven lles dixemos as profes, por si non se enteraban...
Fomos todos no autobús e o chegar alí nós os máis pequechos do cole marchamos cunha chica moi simpática chamada Arxilia.

Vimos un monton de cousas chulísimas...
Primeiro fomos ver as fresas que aínda non medran moito porque acaban de ser plantadas hai pouco cando empezou o bo tempo; pero Arxilia dixonos que no inverno plantabanse nos invernaderos para que non morresen co frio e fumnos ver un por dentro.

E tamén fixémosnos verdadeiro agricultores prantando e regando cada un de nós a nosa propia leituga, con moito tino... sempre agarrandoa pola terra onde están as raíces.


E despois fomos afinar o olfato ulindo prantas aromáticas como a melisa, o romero, o fiuncho, etc.


E como xa traballaramos bastante fomos merendar un platano ou unha naranxa que nos convidaron, e tamén auga.
E xa cos enerxías recargadas fomoslle dar de comer as galiñas un pouco de millo; aos conexos e ao cocho fruta; vimos as ovellas como protexían ao año; os mastíns moi calmos pero avisadores; e fumos apañar uns cantos ovos:



E despois fomos facer un mural con elementos naturais que despois colocamos nos corredores do colexio, mirade que chuli... :)
E xa era hora de comer. Comimos a merenda que traiamos nas nosas mochilas, aínda que non toda toda.
Logo de comer xogamos un pouco ao noso parecer ao aire libre. E de seguido sacamos unha bonita foto de grupo, pero votando a lingua, que pillos que somos, jeje.





E cara a tardiña fomos montar a cabalo acompañados de Marcos aqueles que quisexen, e casi todos nos atrevemos. O cabalo chamábase Orlando e era moi manso, aínda que algo falangueiro, queríanos saludar a relinchos, jiji.
















E antes de marchar sacamos outra foto de grupo máis formal coas mestras que nos acompañaron toda a visita.

E despois para o autobús de novo, aínda que algún xa quedou durmindo de volta a Sofán. E outros tantos facían os durmidos, ai! que pillos....


Que divertida foi a excursión, todo o día estivo xenial, ogallá voltemos outra vez!